Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 janvier 2011

PICO: "NON SABEMOS QUE ORZAMENTO TEMOS PARA OS MESTRE MATEO"

PICO, en Galicia Hoxe: ["Os premios Mestre Ma­teo son un espello, pero o que importa de verdade é o sector", sinalaba onte Pico, quen confirmou que o Audi­torio de Ourense será o que acolla, a mediados de abril, a principal celebración do cine galego. Os detalles da realización dese festexo é o que aínda fica no aire, pen­dente entre outros asuntos da achega económica que comprometa o Consorcio e sabido que a CRTVG po­rá os medios pero non os 30.000 euros que inves­tía até o de agora. "Quere­mos saber que orzamento temos", di o presidente da AGA, que salienta a fluidez na interlocución co Con­sorcio pero que advirte ei­vas de comunicación entre os departamentos da Xun­ta encargados das subven­cións ao audiovisual.

Dolores Ben, presidenta da Asociación galega de Produtores In­dependentes (Agapi), tam­pouco non ten dúbidas, coma Pico, da importancia destes galardóns. "Os pre­mios hai que celebralos, custounos moito traballo que os Mestre Mateo com­putaran no baremo de axu­das do ICAA", di. Para Ben, que se refire ao 2010 como un "ano bo en canto á pro­dución", hai "moito descon­certo" nun sector que "está funcionando, xera traba­llo, cartos e implica a 3.000 persoas.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité