Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 avril 2011

A LIGA DAS ESTRELAS MIRA A LATINOAMÉRICA

A revista Restaurant volveu fixar onte a clasificación da liga das estrelas, que ficará inamovible durante un ano. No máis destacado da canonización volve estar Redzepi, que ten ao seu seareiro Aduriz dous postos por detrás. A publicación premia o hiperlocalismo en contra dos que pensamos que a cociña é viaxe e experiencia.O de Errenteria é o derradeiro elo da Historia da Innovación Vasca, representada tamén por Arzak (8º) e por un sorprendente Arguinzoniz (50º), que se sitúa na elite manexando un asador. A listaxe está bastante repartida xeograficamente, aínda que se botan en falta as cociñas orientais (malia a impactante ascensión de Narisawa). A guía xa vai apuntando o desprazamento cara a Latinoamérica, con Brasil (Álex Atala), México (Oteiza e Alonso, xunto con Olvera) e Perú (Gastón).

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité