Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 mai 2011

UNHA EXPLICACIÓN DE 'UN MISTERIO PARA TINTIMÁN'

REDELIBROS permitiume explicar a serie de novelas que protagoniza Tintimán. Publico algúns parágrafos. Se algún cliente quere, pode lelo por longo na web.

(...).Todo o que pretendía era evitar aos lectores adolescentes aos que dese chegado co meu aviso a miña vergoña de vivir en Galicia e ignorar a existencia de Xelmírez ata os 18 anos, algo que me non acontecía, por exemplo, co Papa Luna. Hai dous anos, logo, comecei o intento de que os rapaces soubesen algo máis da Historia cativa do seu país, é dicir, non sobre o pasado xeral, senón sobre algúns feitos de relevancia acontecidos nas cidades e nas vilas que habitan. A fin non era dende logo escribir ningún manual divulgativo, que non me cruzou o pensamento a idea tendo en conta a eficaz xeira de Villares ou de Barreiro nese eido. A miña intención situaba en paralelo a ciencia dos feitos e a arte da ficción: pretendía escribir unha serie de novelas nas que se contasen soterradamente aconteceres locais de maior trascendencia: Xelmírez en Santiago, a batalla de Elviña na Coruña, os combates de Rande en Vigo, a muralla de Lugo...

(...) A perspectiva era traballar durante catro anos nunha serie de 7+1, é dicir, ambientar sete novelas dunha serie en senllas cidades grandes de Galicia e, a xeito de capricho, introducir outra na vila á que regreso unha e outra volta nos meus soños literarios: Ribadeo. O editor de Xerais, Manuel Bragado, logo aceptou e asumiu a proposta cunha emoción e unha visión de futuro que mesmo me sorprendeu. Foi el quen me requeriu dous títulos para comezar nunha aposta que eu non acababa de atopar rendible, pero o paso deste ano demostroume os motivos de ser el editor e eu non. Mesmo o ritmo de edicións que leva a colección nos anima xa a mirar Vilagarcía de Arousa ou Narón, París ou Londres, con ollada de Tintimán. A editorial entregouse de cheo ao proxecto: tanto na propia edición —xenerosa malia a crise metemedo—, como nas facilidades ao ilustrador, Matalobos, a quen soamente lle pedín que traballase pensando que debuxaba un cómic. Matalobos ocupouse de construír o seu Tintimán e mesmo de dictar como había de ser o meu achegando unha chea de boas ideas estéticas.

A base destes libros é a mesma ca dos outros títulos meus de LIX: a procura da instrución a  a través da diversión. Coideime moito de evitar a autocensura imperante en boa parte da nosa literatura escrita para rapaces, coideime de tirar ao meu heroe todo risco que puidese elevalo á perfección. O primeiro porque escribo novelas e non manuais de ética mal disimulados; o segundo, porque os rapaces aseguran estar cansos de tanta bonhomía, e o terceiro, porque os libros sérvenme para propor debates na aulas cando se dá a oportunidade de visitalas. Se Tintimán non fose machista, soberbio e desleixado, se Mónica non fose insegura, sumisa e agoniante, non gozaría con todas as discusións coas que adoito gozar cos rapaces de lugares de todo o país. E, créame, non hai nada máis motivador para un escritor de LIX que mirar aos mozos engraxando os seus cerebros para argumentar sobre o mundo que herdamos de Xelmírez, o Mestre Mateo, o clero chocolateiro, Napoleón, John Moore, Soult, Ney e Bill Gates.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité