Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 août 2011

PÉREZ PENA: "A REDE É O DERRADEIRO CAMPO DE BATALLA DOS MEDIOS CENTRADOS EN GALICIA"

MARCOS PÉREZ PENA fai unha análise lúcida sobre o mapa de medios de comunicación do país. Interesante, aínda que analiza esquecendo que continúa habendo prensa en papel galega e mesmo integramente en galego: [Todos os indicios apuntan a que a sociedade galega non é abondo madura para soster e consumir medios de comunicación que teñan a Galicia como centro do seu discurso informativo, é dicir, que observen o mundo dende o seu centro (Galicia), haberá que comezar a asumir que isto é así, que non damos para máis. Somos febles, miramos só polo noso, malvendemos os nosos compromisos á primeira oferta -por cativa que sexa-, e en realidade todo isto que proclamamos con tantas palabras impórtanos ben pouco.

Vanse perdendo batallas e desaparecen as febles estruturas que existían, nunha caste de demolición. Para os medios de comunicación ábrese nestes anos un reto que mudará o seu rostro nas vindeiras décadas: a transición completa aos soportes dixitais e a reformulación dos modelos de negocio das empresas informativas. Para ben ou para mal ese é o escenario e nalgúns aspectos devolve a carreira á casilla de saída. Lois Pereiro escribiu que a demolición é o ferro que nos armaOs medios cun discurso centrado en Galicia teñen na rede o novo campo de batalla, se cadra o derradeiro]

 

Publicité
Publicité
Commentaires
J
certo, pero eu confío e que haxa expansión nos vindeiros anos e poidan sobrevivir os máis dos medios na migración á rede
Répondre
T
O cal, dada a frouxa expansión de internet en Galicia, tampouco agoira bos tempos para os medios nese ámbito. Non lle parece?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité