Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 octobre 2012

UN CLUB DE LECTURA SUECO SELECCIONOU A MO YAN

30-2_Art-china_fist

 

OS SUECOS son unha raza particular. As súas principais achegas ao mundo son Pipi Langstrump —caso de manual de abandono escolar e familia desestruturada—; uns mobles brancos e asécpticos máis propios dun ambulatorio ca dunha casa, e unhas distincións nas que vinte deles escollen un Nobel de Literatura. O criterio —aínda recoñecendo as diferenzas— non é moito máis sensato ca un debate dun club de lectura sobre o seguinte libro que van seleccionar para ler e analizar en conxunto. Os académicos actúan movidos máis por simpatías sociais, posicións políticas ou inclinacións cara aos débiles étnica ou sexualmente ca por criterios incontaminadamente literarios. Os académicos suecos que elixiron onte a Mo Yan están fartos de saber que a súa escolla moverá centos de millóns de euros na vindeira feira do Libro de Fráncfort, pero votan coma se todo iso lles fose unha cuestión tan allea coma incomprensible. Unha vez entrevistaba eu a Ferrín sobre o centralismo literario do que goza Occidente. «China ten mil millóns de habitantes. Poderías dicirme o nome de tres autores chineses?», preguntoume deixando espazo a un silencio cumprido. O primeiro que fixen onte, foi buscar información sobre Mo Yan, un autor do que sentira algúns rumores lonxanos que desatendín. Souben que inspirara a película ‘Sorgo vermello’, que teño na casa clasificada como película por mirar inminenmente dende hai anos. O segundo que fixen foi tratar de saber quen é Ángel Fermoselle, que acaba de gañar o Nobel dos editores, como propietarios dos dereitos de varios Mo Yan en español.

Photo: Pam Beyette

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité