Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 octobre 2012

WERT CONDUCE O TREN POPOF

 

REFLEXO

A única certidume que teñen os nenos agora é o Tren Popof. Esa atracción infantil de feira entra nun túnel e volve saír, algo que Herman Van Rompuy non está certo de poder lograr con Europa. Polo demáis, comprobando que o barrio máis tranquilo da Eurozona segue sendo o polígono industrial alemán, mandei os fillos estudar a lingua de Franz Beckenbauer. O futbolista era tan respectable coma a docente xermana dos meus cativos, por moito que teime en que eles a traten de Pepita. O meu sogro era máis proclive a que se lles aprendese inglés aos netos, mentres a miña nai aconsellaba o chinés. Cando me falan de ingleses non acordo de Winston Churchill, senón máis tristemente en balconing en Salou. Estou por buscar a primeira fiameira de plástico que non leve o Made in China por marca de nacemento. Así que, en tanto os alemáns sigan fabricando motores e AirBerlin siga no ceo, cara alí enfocarei o futuro de Sara e Antón. Comprenderán que ao ler que o ministro de Educación sería un tal Wert (prezo, valor; en teutón) ilusioneime supoñendo unha mellora no rendimento educativo dos escolares, un avance na súa formación tecnolóxica, un medre da calidade das prazas públicas para non desperdiciar talento ningún, un profesorado a cada volta máis especializado,... A iniciativa toda de Wert é españolizar un territorio que ten tanto interese como os flamencos que pintou Diego Velázquez. Ao informarme desas declaracións, lembrei do testamento de Francisco Franco que colgaron as monxas na miña clase en 1975. Eu, de parvo, lino de principio a fin por se aquilo melloraba a miña formación. E formación legaba o ferrolán, pero para o espírito.

Image: Duck mill. Bob Lussier

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité