Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 février 2013

UNHA MOEDA DEITADA NA RÚA

vishniac_3

 

Outro adolescente e máis eu baixabamos pola rúa da Trinidade, en Ribadeo. Esa vía abre o casco vello da vila ao Mar Grande, o Atlántico, refrendando a súa vocación. Atopamos unha moeda. Esquecida e sucia. O anverso da circunferencia estaba ocupado por unha ampla estrela de Davide. O meu amigo, Jose -co acento expatriado á primeira sílaba-, consultou a un experto que resolveu que era unha moeda xudea acuñada en Marrocos no século XV, un valor para non perder nunha rúa calquera de Galicia. Ese extravío e a consecuente necesidade de explicación son elementos moi acaídos a ese pobo. Os xudeos deben estar permanentemente xustificándose. Mesmo cando usa a violencia máis salvaxe se lles require unha motivación. A consideración que teñen de si propios como pobo gañador do casting de colectivos humanos dálles unha vantaxe crucial, por moita base mítica que teña esa percepción. O sorprendente non é que deban razoar a barbarie, senón tamén para a paz se lles esixe unha raigame. Muñoz Molina houbo de redactar unha exposición de motivos para recoller un premio literario en Xerusalén. Muñoz Molina é un señor escritor que non me interesa nin como señor nin como escritor. Ao aceptar o recoñecemento israelí empezou a interesarme como cidadán. Quedei perplexo cando houbo de enfrontar un comité de moral e bos costumes organizado de xeito informal entre varios intelectuais que mesturaron a ocupación do leste da cidade cun galardón artístico. Como se a filonazía de Heidegger fundamentase unha descualificación planetaria do seu pensamento. A moeda perdida nunha rúa de tan catolico nome como a Trinidade levaba no reverso unhas letras árabes.

Photo: Interior of the Anhalter Bahnhof, a railway terminus near Potsdamer Platz, Berlin, late 1920s–early 1930s. Roman Vishniac

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité