Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 juin 2013

NESTE PAÍS VÍVESE COMA EN NINGÚN OUTRO

laura_webb-andrews-bathtub

O propietario do restaurante no que xantamos desenvolveu en menos dun tres minutos o discurso cínico de tanto pequeno empresario español. Comezou dando lategazos contra o variado e surtido sistema de subvencións que se expanden a "todo o que non que non queira traballar e que pagamos os que traballamos". Hai anos, cando abondaba con saber asinar para recibir cartos públicos, concordaría con el. Agora, as axudas van revestidas de esmola e afectan á dignidade dos beneficiarios. O segundo argumento que bradou é que "neste país [referíase a España] vívese moi ben; non coma en Alemaña que van do traballo para a casa". Eu non lle vou informar sobre o primeiro aspecto, vén de facelo a OCDE. Diante da incoherencia xeral do argumentario, pregúntome se o hostaleiro non trasladou o seu pensamento á esfera dun propietario dun restaurante xermano.

Photo: Clifton Webb and Dana Andrews at Laura (1944) by Otto Preminger

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité