Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 juillet 2013

O ÚNICO AUTOR GALEGO VIVO QUE NON OPINA SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

paris-nous-appartient-jacques-rivette-1961

 

Xosé Manuel Pereiro contoume hoxe unha historia que non vou contar, non por imitarlle o título a Xosé Cid Cabido, senón porque debe ser el quen a narre en Si, home, si. A través da coincidencia na Coruña Baixa, perto dos Méndez Núñez, lembrei, coma se Pereiro fose unha madalena proustiana, dunha colaboración que me pediron e que nunca foi -e nunca será porque non me quero dar a torta de Guitiriz opinando sobre o que ignoro- sobre a conveniencia de adicarlle as Letras Galegas a un autor monovolume como Xosé Díaz Castro. Sempre na procura da orixinalidade, pretendo ser o único autor galego que agocha a súa opinión sobre as figuras exaltadas (enténdase) nesa xornada e, xa metido en gastos, sobre se o homenaxeado debe estar máis ou menos vivo. Este ano, sumo a esa excusa (porque é unha excusa) da singularidade, o argumento de que non son lector de poesía, por moita devoción que dedican xenerosa e pacientemente Alberto Ferreiro e Héctor Acebo a desasnarme. Certo que con Lois Pereiro sempre fixen unha excepción admirativa; de feito, debe de ser o único poeta ao que lin máis dun libro. O motivo é que nunca lle descubrín as costuras. Daquela, se Lois Pereiro certificaba a calidade de Díaz Castro, o resto debe ser silencio.

Photo: Paris nous appartient (1961) dirigé par Jacques Rivette

Publicité
Publicité
Commentaires
S
Eu tampouco son moi lector de poesía, pero o de Díaz Castro impresionárame cando aínda lle pegaba ao xénero.<br /> <br /> (O de autor monovolume... ai, ai ai... cando es malo, es ben bo)
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité