
Os cociñeiros lucenses son da raza falangueira. Xa o sospeitaba, por algunha conversa co didáctico Álvaro Villasante, por exemplo. Días atrás fixeron o traballo por min nunha sala ampla do Méndez Núñez de Lugo, que fora axeitada para a presentación do Fórum Gastronómico de Santiago 2012.
Un xornalista sempre agarda a que un compañeiro faga esas catro ou cinco preguntas que asentan unha información. Ao verme en solitario, houben de recitar o cuestionario ao cociñeiro do España Héctor López; aos presidente dos hosteleiros...
[Lire la suite]