jeudi 21 juillet 2016

O FLORECEMENTO DO AGUSTINISMO

O SÁBADO DA semana pasada estaba xantando cun amigo no Mangiarte, un italiano do mercado de abastos de Lugo. Leonardo Zordan concentra poderosos sabores en mesas contadas e pratos pequenos. O meu amigo pretende ser novelista en galego e anda despistado, tanto que non aprendera a apreciar a Agustín Fernández Paz. Deille a volta ao mantel de papel e quitei un rotulador para debuxar nun esquema a estrutura de Cartas de inverno, cos seus saltos temporais e a súa xestión harmoniosa da intriga. Aquel día convertíno ao agustinismo.... [Lire la suite]

dimanche 25 mai 2014

A CAMISETA DE CASTELAO NO SALÓN DA FAMA

A PRIMEIRA e derradeira vez que xoguei un partido oficial foi coa selección galega. Varios intelectuais de reputada finura no achique de espazos —Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Xurxo Souto,...— xuntámonos na Estrada en 1997 para xogar un partido de fútbol coa fin de reinvidicar unha selección. Ao rematar, un gaiteiro interpretou o himno elevando as notas sobre a vulgaridade épica do noso suor e a nosa rabia.Antón Reixa bisboume ao oído que deberíamos buscar un xeito máis orixinal de reivindicarmos que cantar Queixume dos pinos.... [Lire la suite]