
Cada vez que saio da casa consulto no móbil a dirección do aire. Non vaia ser que sopre Nordés, que en Ribadeo consideran o primeiro vento que saíu da Caixa de Pandora.
Temo que, un día, o Nordés traia unha refolada de Félix de Azúa que me envíe a un posto de pescado. Se unha exestudante de Filosofía con boas calificacións, como Ada Colau, «no está capacitada para gobernar a cuatro millones de habitantes», menos estou eu para destripar unha pescada ou filetear unha robaliza. Prefiro ser prudente: coller o papeliño e agardar...
[Lire la suite]