
O actor vasco Karra Elejalde recoñece que o peor da rodaxe de A esmorga non foi interpretar en galego, senón interpretar o frío. Elejalde non é de Bilbao, pero podería polo esaxerado. Sostén que, durante a filmación, «padecimos ocho ciclogénesis seguidas», que combatiron con neopreno e camisetas térmicas.Ese plural no que se expresa inclúe a Miguel de Lira e Antonio Durán, Morris. Ignacio Vilar escolleu os tres para regaleguizar a versión cinematográfica da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor, que Gonzalo Suárez...
[Lire la suite]