
Rosalía foi unha escritora excepcional, a segunda mellor dos nosos. Eu prefiro a Cunqueiro pola súa potencia para recrear o imposible e facer manar a lingua no deserto do real. Este debate entre os dous autores non existe, seino. Nin vai existir porque na comparación sobre a valía literaria primaría a valía moral. E, nese campo nocturno e incerto, vence a triste padronesa.
O filósofo alemán Sloterdijk asegura que, dende Descartes, o debate racional está dominado pola técnica. Discrepo. O debate racional é unha falacia ética. Se...
[Lire la suite]