
Scott Fitzgerald andaba acomplexado co tamaño do seu picholo. Hemingway auxiliouno moralmente visitando museos para compararse co modelo idealizado na arte, sempre tendente a buscar os equilibrios. Andaron medindo a ollo homes esculpidos e varóns pintados, todos espidos, ata que Scott confesou ao cazador branco, corazón negro, que era o seu modelo. Ernest accedeu a acompañalo a un baño masculino e, medindo unha e medindo outra, concluíron que a descompensación era unha cativez, segundo conta Boris Vejdovsky na pimpante Hemingway....
[Lire la suite]