Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 janvier 2012

"HAI ALGO QUE NOS DIFERENZA DO PARTIDO POPULAR"

WISH

Scott Fitzgerald andaba acomplexado co tamaño do seu picholo. Hemingway auxiliouno moralmente visitando museos para compararse co modelo idealizado na arte, sempre tendente a buscar os equilibrios. Andaron medindo a ollo homes esculpidos e varóns pintados, todos espidos, ata que Scott confesou ao cazador branco, corazón negro, que era o seu modelo. Ernest accedeu a acompañalo a un baño masculino e, medindo unha e medindo outra, concluíron que a descompensación era unha cativez, segundo conta Boris Vejdovsky na pimpante Hemingway. Homenaje a una vida. Fitzgerald era guapo, atraía mulleres, pasaba por fillo de casa grande sen selo; pero había algo no interior do seu traxe co que non daba acougado. O caso de Aymerich é distinto, el semella convencido de dar a talla, pero houbo de subliñar a súa endubidada capacidade para ser candidato á Xunta. Logrou forzar co paso atrás de Martiño Noriega. O alcalde volveu para Teo sabedor, imaxino, de que o novo fracaso electoral ha poñelo novamente en valor. E Táboas debe andar recontando adeptos para decidir se sae de boxes ou reserva combustible. A profecía cumprida podería ser un intercambio de paz upeguiana por territorios máisgalegos co resultado da foto para Aymerich e a voz en off para Guillerme Vázquez. Scott Fitzgerald requeriu unha vez a Hemingway -segundo veño de ler nas primeiras curvas de 'Mi ciudad perdida' (Zut)- para que confirmase a evidencia condutual de que ambos os dous eran "distintos dos ricos". "Si -retrucou o xenio barbado-, somos diferentes, eles teñen máis cartos". Algo desa caste contestará Aymerich a Vázquez, cando este lle remarque a calidade ideolóxica do BNG: "Somos diferentes do PP: eles teñen máis votos".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité