Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

Publicité
24 février 2012

UNS GALOS QUE SE PROGRAMAN

UNS GALOS QUE SE PROGRAMAN
O ÚNICO QUE botaba en falla cando marchei estudar a Santiago eran os ruídos da natureza. Todas as mañás que vivira ata aquel setembro dos 18 anos acordara con berros de galo, ladridos e chíos de paxaros. No barrio, os gatos encargábanse da patrulla e...
Publicité
23 février 2012

RENOS

RENOS
Esta mañá vestín unha camiseta con caras de renos que me importou a cativa dende Oslo. Son grises e adornados de cornos amarelos. Un deles ri, outro atura un resfriado esmagador; un terceiro está enfadado -semella actitude vital- e un cuarto, soña. Así...
22 février 2012

TOCOUNOS ATURAR O CUARTO DE HORA DE AMAIUR

TOCOUNOS ATURAR O CUARTO DE HORA DE AMAIUR
Fraga era XXL, en todo. Por iso, cando se puxo a apañar dereita baixo o seu mando unificado, acabou xuntando de máis. O mesmo lle valían democristiáns honrados, empresarios franquistas amargamente destetados, intervencionistas vía igualitarismo falanxista...
21 février 2012

FRANCO FOR EVER

FRANCO FOR EVER
Franco tiña as mans pequenas e frías. Debe de ser a única parte do seu corpo que me acorda conmiseración. Esas mans o mesmo pintaban unhas tenras paisaxes marroquíes que asinaban con letra de bordadora unha condea a garrote vil ou acariñaban unha exótica...
20 février 2012

DOUS AVENTUREIROS NA PROCURA DUNHA COROA

DOUS AVENTUREIROS NA PROCURA DUNHA COROA
ÁS VECES leo libros que non me interesan. As novelas de amigos e recomendados non contan. Teño dúas columnas de libros a ler na sala. Cando me chega un deses volumes introdúzoo polo medio do resto e vou deixando que a lei da gravidade cumpra a súa condea...
Publicité
19 février 2012

PERITO EN CADUCIDADES

PERITO EN CADUCIDADES
SEICA vostede leva anos preguntándose se na orbe occidental pode haber alguén tan confiado como para esquecer mirar as datas de caducidade dos alimentos envasados. Hai. E son eu. Máis ben era eu ata que mirei a película ‘Chungking Express’. Wong Kar Wai...
18 février 2012

DIGNIDADES E OFICIOS DO PSdeG: PRÍNCIPE, CABALLERO, SECRETARIO, BLANCO, BESTEIRO

DIGNIDADES E OFICIOS DO PSdeG: PRÍNCIPE, CABALLERO, SECRETARIO, BLANCO, BESTEIRO
A natureza balcánica do socialismo vigués fáiseme tan íntima como o vademecum da miña nai. Carlos Príncipe adoita arrepiñar a palabra aos colegas nas noites da Radio Galega para amosarnos unha e outra vez o seu expediente, ese historial médico no que...
17 février 2012

UNHA VIAXE INCERTA

UNHA VIAXE INCERTA
UN ESMOLEIRO clamaba antonte por «unha simple moeda» na praza lucense de Santo Domingo. Non pedía máis, pero se sentía impelido a xustificar o destino do euro que reclamaba: «Aínda non almorcei», berraba, como se gritar reforzase a sinceridade. Non moi...
16 février 2012

A MARCA E OS VENDEDORES

A MARCA E OS VENDEDORES
O niño era esférico e tan cativo que podería apreixarse coa man. Os carrizos elaboran coidadosamente os abeiros, pero son malos urbanistas e descoidan o emprazamento. O domingo descubrín un niño na praza alta da Fonsagrada, equilibrado entre as pólas...
15 février 2012

AS ILUSIÓNS CEGADAS

AS ILUSIÓNS CEGADAS
O presidente español botou o que leva de estadía na Moncloa ameazando co que “sabemos o que temos que facer”. Intuímos que existe a Verdade Revelada porque coñecemos unha fonte con capacidade de emanala e sospeitamos que xa o fixo. A falta soamente de...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 804
Publicité