Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

Publicité
18 février 2008

ROBBE-GRILLET MARCHOU

Un xenio. Aprendeume a estruturar e a describir. Unha mágoa.
Publicité
18 février 2008

BALBINO TERÁ LIBRO, HOMENAXE, ESCULTURA E MESMO POIDA QUE PELÍCULA

Ismael González está promovendo un libro no que medio cento de autores galegos escribimos sobre Balbino. A maiores, habérá este verán unha homenaxe nacional en Compostela ao seu creador; unha escultura do rapaz e máis dos seus pais, que se podería instalar...
16 février 2008

A VIDA DAS HORAS SUCIAS

As horas sucias é unha novela miña cunhas vendas razoables e un ecoar mediático asordinado. Apareceu canda un premio, que tivo unhas vendas estupendas e moito ruído nos medios, e ficou tapada. Foi un bucle cruel conseguir o permiso do grandioso Ansel...
15 février 2008

O SECUESTRO DE RIVAS

Comendo espaguetis diante da televisión é unha novela negra cunha trama central baseada nun protagonista que debe quitar un cadáver que alguén agochou no sitio máis vixiado de Galicia. A maiores, hai outra trama e varias subtramas. Entre elas, o secuestro...
14 février 2008

UN ACTO DE AMOR

A miña muller sempre me reñe por facer estas campañas, mais dado que hoxe é o Día dos Namorados, voulles pedir a aqueles de vostedes que sexan membros da AELG que pepetren un acto de amor, se interesen por Plastilina nos pulmóns, e voten por el como candidato...
Publicité
13 février 2008

AS ROUSAS DE PIMENTEL

Vai alá medio século que o barco ficou sen luces. Presumimos del como un dos nosos, cando non o foi. Un amigo que estudou os seus manuscritos di que o seu galego era deforme, que el intentaba escribir en galego e lle saían cousas como rousas. Sempre había...
11 février 2008

A COMPAÑÍA DAS VOGAIS

Ata para ser vogal hai que ter boas compañías, como a dunha veterana editora sobre que as defenda dende hai un ano.
11 février 2008

A CORUÑA TRAS O TIFÓN VÁZQUEZ

Discrepo, en parte das afirmacións do profesor Lezcano. Percibo un exceso de nostalxia da pequena cidade burgueso-mariñeira que el puido gozar decontino e moitos fixémolo con regularidade. Eu penso que a Torre de Hércules está ben ensalzada no seu entorno....
11 février 2008

35 -, 1 +

Vinte anos menos, quince quilos menos e unha barba de máis. ¡Grazas, BCNegra! (Xa lles contara eu que estaba convidado, mais non puiden acudir).
8 février 2008

TEATRO CATALÁN

Un dos meus arquitectos favoritos proxectou a nova ESAD. A maiores de concordar as liñas máis sinxelas para facer obras, é consciente de que o seu traballo vai alén de cementar.
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 804
Publicité