Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

Publicité
14 avril 2013

COSPEDAL LEU ERRADAMENTE A HEIDDEGER

COSPEDAL LEU ERRADAMENTE A HEIDDEGER
Que me desculpe Cospedal, pero creo que non entendeu a Martin Heiddeger. A secretaria do PP español abronca os escraches colocándoos na categoría de "nazismo puro". A señora ignora que a teoría do arraigo de Heidegger resultou un dos argumentos máis frecuentados...
Publicité
13 avril 2013

O PELO LOURO, O OFICIO MATERNO

O PELO LOURO, O OFICIO MATERNO
Descubrín o clasismo na adolescencia. Tratei de prender fala cunha rapaza. Ela explicoume que era moi «normal»—usou esa palabra tan anuladora— por ser fillo dun profesor e pretender á filla dunha perruqueira. A min, o que me atraía dela era o pelo louro,...
12 avril 2013

ESAS COUSAS SÁBENSE POLO CHEIRO

ESAS COUSAS SÁBENSE POLO CHEIRO
Dylan Thomas viviu o alba do cinema clásico. En Cartas de amor, coa que a coruñesa Iria Rebolo estrea a editora barcelonesa Siberia, conta unha anécdota de Mae West. A estrela visita unha granxa do Oeste. Un gandeiro coa presencia de John Wayne e a beleza...
11 avril 2013

O ÁTOMO PRIMITIVO EN CATALUÑA

O ÁTOMO PRIMITIVO EN CATALUÑA
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña impón que, se os pais dun único alumno solicitan que o cativo reciba as clases en español, os seus restantes 24 compañeiros terán que recibilas no memos idioma. Implantar unha vontade sobre a vontade dos pais...
10 avril 2013

UN NOME NADA INUSUAL

UN NOME NADA INUSUAL
Andy Warhol paseaba unha mañá por Nova York cando cruzou unha rapaza con “dous tons de pel” que o fascinaron. Cambiou de dirección e seguiuna ata que a perdeu de vista. Ao cabo dun mes consultou cun médico se o seu convencimento de que esa breve e inesperada...
Publicité
9 avril 2013

VALENDO O POPULAR

VALENDO O POPULAR
Margaret Thatcher foi unha defensora do capitalismo popular, unha aplicación práctica das teorías neoconservadoras de Leo Strauss, que promovía elevar o benestar de dous terzos da poboación co custe abandoar ao outro terzo no páramo da incerteza capitalista....
8 avril 2013

MARGARET NA GUILLOTINA?

MARGARET NA GUILLOTINA?
Margaret Thatcher respondeu hoxe a Morrisey: "When will you die?", preguntáballe en Margaret on the guillotine. Os young canibals ribadenses dos 80 estabamos certos de que os mineiros que camiñaban en paralelo solidificados polos seus brazos enganchados...
7 avril 2013

PRIMAVERA (E AS FLORESTERÍAS PECHADAS)

PRIMAVERA (E AS FLORESTERÍAS PECHADAS)
Carlos Floriano ergueu á irrefutable "forza dos votos" como enerxía moral superior a calquera outra consideración, como a carraxe pola entrega obrigada do domicilio, e asemade como elemento persuasor para quen se propoña alterar a orde pública. A "forza...
6 avril 2013

BOXEAR CONTRA EDITADOS

BOXEAR CONTRA EDITADOS
Scott Fitzgerald tíñalle lei a Hemingway. Especialmente dende que o liberara da psicose de que o órgano do seu corpo máis importante era dunha lonxitude inferior á media. Hemingway conduciuno por museos nos que había esculturas clásicas para convencelo...
5 avril 2013

IOGURES SEN CADUCIDADE

IOGURES SEN CADUCIDADE
A falta dunha discrepancia matrimonial de envergadura, a muller retiroume as latas de atún con aceite. Síntome como cando o médico receitou a Marcel Curnonsky leite con galletas. Era o Príncipe dos Gastrónomos do París de entreguerras. Os mellores 80...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 804
Publicité