Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 novembre 2005

PROMO

Eu non me atrevo a escribir que os libros que reciben o Premio Planeta son malos, pero unicamente porque nunca lin un. O que si me atrevo é a defender que están estupendamente promocionados. Reclúen os gañadores nunha sala do Hostal dos Reis Crentes e os citan a razón de periodista/vinte minutos. Con iso, saben que cada xornalista vai quedar contento de contar co entrevistado sen atrancos e concentrado no seu labor, e de ter unha entrevista de seu (ao non ser carne de rolda de prensa colectiva). Planeta asegura así que a promo vai aparecer en todos os medios que aceptaron e que a van quitar todos o mesmo día.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Atendo ás indicacións sobre o Planeta, pero non podo atender á ética de Marsé. Marsé vestiu as bragas de ouro cando lle conveu, sabía dende hai anos como funciona o premio e hai un ano prestouse a participar nel. Este ano, despois de cobrar por segundo ano consecutivo, marchou. Debe de ter unha ética de apertura retardada.
Répondre
O
Que como o monte non todo é orégano (ou orgasmo, que dicia aquel), non todos os Planeta se salvan... Pero alén da recomendación que xa fixeron de "Crónica sentimental en rojo", de Paco G. Ledesma (cacho escritor este Paco G. Ledesma como soberbio xornalista que foi de La Vanguardia, en tempos... nos tempos en que a tinta das linotipias ainda manchaba e cando os xornalistas ían tomar unha copa despois de cerrar a edición xa de madrugada), "Los mares del sur" de Manolo Vázquez Montalbán, e "La muchacha de las bragas de oro", de Juan Marsé, tamén son de recomendar. O problema de Marsé non é a sua honestidade (que a ten e a proba de ántrax)senón que querería un "Quixote" en cada Planeta, que dicia onte alguén.
Répondre
B
home, Lanzarote, déixelles facer. aínda empezaron hoxe pola mañá, e non me parece unha mala idea.
Répondre
L
A idea de rotonda é boa, pero terán que coidar mais um pouco a maquetaçom si querem sair adiante: a de O home inédito é pésima.
Répondre
C
O pasado pesa: http://mareaberta.blogspot.com/
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité