Eu non teño de cotío a oportunidade de falar vagariño coa conselleira de Cultura. Mesmo, nunca tivera a oportunidade e desconfio de volvela ter. Así que aproveitei para comentarlle o erro que me parecía regalar un libro con relatos escritos pola Santa Compaña no partido da selección nacional de hoxe, o horrísonos que se me fan os anuncios televisivos para fomentar a lectura, a necesidade de establecer un control sobre as contratacións de escritores para actos, o inaprazabre de dignificar esteticamente as feiras do libro, o interesante de promover unha concentración editorial para evitar a dispersión actual e favorecer unha industria sólida,... aínda quedoume no esquecemento situala no exemplo da Ireland Litetature Exchange, a oficina cunha persoa, un ordenador e un teléfono que promove as traducións irlandesas (en inglés e gaélico) e que logra exportar uns corenta títulos ao ano. O caso é que Ánxela Bugallo sorprendeume porque cometeu a extravagancia nun político de escoitar nun discreto silenzo e de contestar, ao cabo, tema por tema. Sobre as súas respostas, perdoen a miña educación de colexio de monxas do Sagrado Corazón de Xesús, manterei un discreto silenzo.
Commentaires sur O DISCRETO SILENZO DA CONSELLEIRA
- Rematei a novela Cabaret: tremendo peido.
- E os premiosVexo que non lle falou vostede nada dos premios, e é mágoa, porque nese tema tamén habería que racionalizar un pouco. Refírome agora aos institucionais. Por exemplo, que fai tanto recoñecemento minifundista, cada un tirando polo seu lado? Non sería mellor que o da crítica de Galicia, o dos editores, o próximo nacional galego e algún outro que seguro esquezo se concedesen todos no mesmo día, a noite do 16 de maio ou do 17, poño por caso? Dese xeito a literatura galega conseguiría saír un pouco nesa data, á parte de saír pola Santa compaña.
- Eu pedireillo aos reis. De calquera maneira, Sr. Jaureguízar, admiro as súas boas maneiras. Para que despois digan. É unha cuestión de educación, na miña familia xamais se compara nada cunha ventosidade, e moito menos o esforzo de moitos meses. Vostede non precisa consellos, mais siga por esa vía que, segundo o autor do comentario vostede terá que aprender a escribir, mais el ten que aprender educación. Ademais, esas afirmacións hai que argumentalas. Repito, non se pode despachar unha obra cunha ventosidade. Se á fin a leu enteira, algo lle atoparía, non si?
- Pois non lle minto e o certo é que teño unha familia longa e de todas as idades. E ademais engado que non somos reprimidos, mais a estética preocúpanos moito. Á matriarca -que afortunadamente a hai- non lle escoitamos xamais esa palabra nin outra semellante e, por suposto, tampouco a súa concreción material a pesar dos seus 91 anos. E perdoe que me poña escatolóxico, mais obrígame o seu comentario. A índa fican no mundo restos dunha antiga civilización que, abofellas, a min non me estorba nada. A vida é máis amable se se lle liman esas arestas, as da mala educación.
- Así que a urbanidade agora se chama fascismo clasista? Son ensinante e porque quero que os meus alumnos e alumnas non sexan endexamais indiscriminados, ensínolles o que a min me insinaron. Estou lonxe de hipocrisías, de autoritarismos e doutras cousas que caracterizan o pensamento clasista e fascista. Son nacionalista e de esquerdas (hai quen asegura que iso é incompatible. Mais, como xa lle dixen, penso que a boa educación lima as arestas que fan difícil e desagradable a convivencia. Non vou dicir máis porque non quero copar un foro que non me pertence. A hospitalidade do taberneiro non pode ser pretexto para me facer pesado. De calquera xeito, se vostede pensa doutra maneira, ten todo o meu respecto.
- Politica culturalA medida de cómo é este país que é Galiza é que o premio máis importante en temas literarios.... é o do Día das Letras, para escritores que levan 10 anos mortos. Premio de honra que é un verdadeiro estrago xa que tododios escribe sobre o homenaxado.... e queima o campo da investigación para os dez anos seguintes. ¿Para cando, como dicía alguén, un Premio Nacional das Letras? Serio, dotado, obxectivo e prestixioso.
Nouveau commentaire