Salman Rushdie despedirase da presidencia do Pen Club Internacional na xuntanza que o colectivo celebrará en Nova York contra fin de mes. Fe e razón será a idea base para as actividades. O escritor ameazado convidou a Tariq Ramadan, aínda que a Lei Patriota de  Bush vaille impedir estar: o que me pregunto é que se Rushdie convidou o pensador do islamismo occidental para practicar a súa manifestada pluralidade ou como manobra habelenciosa ao saber que Estados Unidos lle denegaría o visado.