Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 septembre 2006

PROPAGANDA

Un tío meu era candidato ao Senado español e pediume que repartise propaganda por Ribadeo adiante. Escribo que me pediu porque o meu tío estivera en Guinea dirixindo fatos de negros na selva. Eu tiña 15 ou 16 anos e fíxeno. Mais non se ocorrería xustificar unha culpa da que non son culpable alegando que non atopei as palabras para contalo. Tamén é certo que non podo presumir de partillar un campo de concentración cun cura. Como moito, amolei a unha monxa. Poucos días despois acudín a clase cunha pegatina na camisa e unha relixiosa afeoumo. "¿Non andarás metido en política, verdade?" Eu ollei para un cartaz testamentario que levaba anos no centro da aula e negueino. A verdade é que nunca andei en política, descreído de min.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Tiven. Na súa casa lin as tres novelas de Valle Inclán sobre o carlismo galego. Impresionantes. O meu tío andou na fronte do Ebro balacerando rojos e acabou coxo dun tiro na perna. Tras esa ilusión de mocidade viñeron as desilusións: a traición de Franco ao carlismo, o divorcio de Carlos Hugo e a entrada do partido en Izquierda Unida. Dous irmáns seus tamén eran carlistas: un acabou de dirixente local do PSP de Tierno Galván e a outra en Herri Batasuna. Os Jaureguizar sómoslle así.
Répondre
A
Tivo un tío candidato ao Senado polo Partido Carlista...????<br /> <br /> (Que valleinclanesco, todo)
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 437
Publicité