Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 mai 2007

URBANA E COSMOPOLITA

O xurado dun dos nosos grandes premios literarios fallado ha uns días salientou da obra gañadora (non a cito porque o comentario non garda relación con ela e menos co seu autor) "a vontade estilística e mais a actualidade do tema desenvolvido", e, como non, "o uso magnífico da lingua galega". A novela premiada é, sen tempo non era, "urbana e cosmopolita, claramente galega". Eu comprendo que a nosa narrativa está atoada na mesma temática de sempre e agradezo que se avalíe a actualidade dos temas, mais os temas actuais, urbanos e cosmopolitas,deberían ser a xeralidade. Pasamos medio século sen poder dar a nosa versión dos feitos, ¿pero o noso presente carece de interese?

Publicité
Publicité
Commentaires
L
Pois eu si considero que a temática urbana debería estar máis presente na literatura galega. Incluso iría un paso máis aló: penso que iso de considerar ás cidades galegas “vilas medradas” non é máis que a extensión do fenómeno desa obsesión galega polo medio rural. É certo que Galiza non ten grandes capitais urbanas comparábeis, non só a Nova York, senón simplemente a Valencia, pero si ten cidades. A ver, Liverpool, se non me trabuco, ten 400 mil habitantes. É dicir, non é moito máis grande ca Vigo. ¿Alguén dubida, sen embargo, do carácter urbano de Liverpool? ¿Alguén concibe un escritor desa cidade falando de hortas de cebolas e sachos?
Répondre
B
témome que o nobre labrego a quen sempre loubaron os da vella garda opina, igual ca Roberto Vilar (Tonecho), que os libros son para os inútiles.<br /> agora, o de que os idilistas deberan agradecer que os labregos non lean xa non o entendín ben.
Répondre
A
certo, e coincido contigo, en que os 'agropijos' ou outra caste de advenedizos non teñen moita idea do que é o rural, pero deberiamos escapar de xeralización e etiquetas. O agro pouco ten que ver co que foi en tempos. Como dicía coido que a canción 'también hai gente y se vive', e trátase de xente que está no mundo, polo que adoece dos seus mesmos males. Que non len, tampouco nas cidades se le e máis continuamos a escribir, tamén para elas. Non debemos caer en que hai que tratar temas urbanos porque é donde vive unha grande cantidade de xente, porque ao fin os catro que compran os libros son os mesmos sempre: rapaces e rapazas dos colexios, escritores/as e demais intelectualoides e algún despistado que non ten videoconsola na casa, ademais, por suposto, dos amigos/as dos escritores, que por non facerlle un feo poñen o volumen no andel, ben á vista, cando o seu amigo escritor vai de visita.<br /> eu sempre fun da opinión de que no rural, igual que nas cidades, se lería máis se houbese un achegamento real da literatura á xente. E baixo esa premisa, participei en recitais nas cidades, case sempre con idéntico resultado: 'escriores, aspirantes e demais facendo do acto un motivo máis para socializar', fixen recitais en vilas, e era xente que aló ía por curiosidade, por ver de que iba todo aquílo e que deixaba claro o seu parecer en canto remataba.<br /> Podemos considerar que temos dous tipos de sociedade, malia que eu non estea moi dacordo. Tomar partido por unha delas sería un erro, porque renunciariamos a un dos grandes potenciais do noso país. Non só cambiando as temáticas dos nosos relatos, senón cambiando a nosa actitude fronte aos nosos textos, converténdoos en algo público, se cadra facendo un achegamento en persoa, ao público.<br /> ou se cadra estou errado, pero o que está claro é que o actual sistema de saír na prensa de cando en vez, ten unhas grandes limitacións. Polo menos no meu caso, a pouca xente que está disposta a comprar o meu libro, foi porque asistíu a algún acto meu e, sorprendentemente, quedou convencida de que paga a pena lerme, ou porque lle dediquei algún momento da miña existencia. E non falo de coñecidos nin amigos, senón daquela xente coa que fun coincidindo en actos varios.
Répondre
J
Alberte, benvido ao Cabaret. Non fun eu quen relacionou "urbá" e "claramente galega". Foi o xurado dese premio. Con todo, creo que moitas veces reivindicamos o agro por buscar riscos identitarios, o cal, por certo, considero positivo. O que non acho tan positivo é que os que non o coñeceron máis que de picnic nolo presenten como un territorio marabilloso no que levar unha vida confortable e consonte coa natureza. No campo hai moito frío, moita miseria e moito aburrimento. A maiores diso, a nosa literatura debería ocuparse máis das cidades, do ámbito no que habita o 99 por cento dos nosos escritores (mesmo os que viven nunha casa rural amañada con criterios urbáns). O demáis é falsiar, finxir que se coñece algo. Moitos idilistas deberían agradecer que os labregos non len... Certo que Lugo pode ser unha vila medrada, mais Vigo ou Coruña ¿que teñen que ver co campo desta altura?
Répondre
P
Calquer parecido de Lugo cunha cidade é mera coincidencia.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité