jeudi 31 mai 2007
VIRUXE
Desculpen a semana de peche sen previo aviso, pero é que nesta cidade corre unha viruxe de carallo e os hostaleiros tamén somos seres humanos (malia que disimulemos mellor ca outros). Reservei os meus contados folgos para o meu traballo no Lugo Allgemeine Zeitung e outras actividades cotiás.
lundi 21 mai 2007
O FUTURO DE CULTURGAL
Uns e outros están satisfeitos coa iniciativa. "O caso era poñela en marcha", coinciden eludindo ceder ao neoliberalismo das cifras. "Durango é Durango porque leva 45 anos sendo no mesmo sitio e nas mesas datas", apunta un libreiro. O debate está agora en se a feira vai polos pobos ou se construímos alpendres no campo da feira. A segunda alternativa semella coller vantaxe. Outra idea que se baralla é facer menos actividades, pero procuralas de máis sona e se recoñecen as necesidades de que acudan máis outros... [Lire la suite]
vendredi 18 mai 2007
LETRAS 2008
A RAG decide dentro dun mes e medio quen será o homanexeado nas Letras do ano que vén. A mín preguntáronme por tres candidatos e propuxen un editor, un xornalista e un libreiro, porque me parece importante que a xente que apoia a literatura teña o seu recoñecemento. Todos están vivos, claro.
jeudi 17 mai 2007
POESÍA POPULAR
A montaña non ía a Mahoma e Mahoma foi á montaña. A poetisa lembrada este ano residiu perto durante moitos anos. Aínda a lembran como "simpática", "falangueira", "non demasiado guapa" e "un chisco fina" porque non quería cebar nin sachar para completar o salario minorizado do seu home. Disque que, cando llo propuxeron, rexeitouno: "¿Como voy a hacer yo eso? ¡Mira como tienes las manos!". Cóntanmo en español. Sorpréndome, pero non tardan en explicarmo: "Si, claro, falaba en... [Lire la suite]
mardi 15 mai 2007
NAVIA 33
A profesora de galego convidoume a falar de dous libros que leran os rapaces. Todos os alumnos de entre 12 e 16 anos cabían nunha aula: eran 33. Alguén debería facer algo.
lundi 14 mai 2007
TRAS A ESCURIDADE
Será difícil que mellore o anterior, mais agardemos. Dúas irmás camiñan pola noite de Toquio. A banda sonora, con jazz e pop a partes iguais. Pasen e lean. O indignante é que chega con tres anos de atraso; en español, haberá que esperar, e ¿en galego?
lundi 14 mai 2007
LOVECRAFT PAZ
Era unha lectura pendente, sei que non era sen tempo. Pasei medo, angústiame ler ese tipo de libros en solitario, xa llo dixen o outro día; pero sobre todo, pasei morriña de vellas lecturas.
lundi 14 mai 2007
ATA PARA SER ACUSADO DE PLAXIO HAI QUE TER TALENTO
O libro máis suxerente do escritor serbio máis suxerente será editado traducido para o galego en setembro. A publicación representoulle problemas.