Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 septembre 2007

OCUPADO

Nacho ten curiosidade por saber en que traballo. Ando fedellando nun macroproxecto narrativo que pode roldar ás seiscentas páxinas e que será a miña ocupación central ata primeiros do 2010. Non contarei máis a respecto del porque aínda non hai papeis asinados e debo un respecto á outra parte contratante. Tamén fuchico na Historia recente da música en Lugo para un volume colectivo de divulgación e mais preparo o limiar coa fin de introducir unha tradución para o galego ben suxestiva. A maiores trato de rematar unha novela destinada a adultos. Redacto o quinto borrador en tempos mortos e sigo comprobando que require varios fervores máis.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
¡Non me deixe coa intriga!
Répondre
S
son técnicas de motivación! E teño confianza en vostede por quen é e, entre outras cousas, porque teño un plan, un esquema, que un día, de vagar, heille explicar e espero que comprenda.
Répondre
J
Sylvadija, ten vostede unha confianza en min que espero satisfacer ou que vostede non se decate se non o dou conseguido.
Répondre
S
Hai un que abofé será excelente!
Répondre
J
Os resultados serán como todo na vida: bos, malos e mediopensionistas, que di meu pai. Agradézolle ben o seu comentario. Fíxome pensar que, entre todos as afirmacións coas que me amolaron os meus benqueridos detractores, nunca estivo a de ser eu nugallán.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité