23 septembre 2007
INMENSOS POST-IT
Aínda non ben arrincou a nosa reentré e eu xa percibo con certeza cal vai ser a relevación da tempada. Nestes contos, escritos con rabiosa orixinalidade, hai moita vida de diós: hai soedade, hai amor, hai desamor, hai temor ao futuro, hai rexeitamento do modo de vivir convencional,... daría para encher moitos post-it. Son retallos tan bonitos como para coincidir coa protagonista dun conto que "fasme esquecer que Benavente está na provincia de Zamora".
Commentaires
post-its nas nosas vidas...
percorrín droguerías e vellos almacéns á procura desas grazas sentidas polas lindas palabras q outorgaches aos meus post-its escritos hai xa algún tempo. non atopei as grazas axeitadas.
finalmente merquei unhas grazas urbanas e asépticas para customizalas e facerlles un traxe a medida como ben merece a túa opinión tan bonita...
iola zúñiga
Poster un commentaire
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=6308850
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :