Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 décembre 2007

SLEEPY HOLLOW FALA GALEGO SEN GORXA

Perdimos ben de tempo de tempo discutindo sobre a nosa literatura debería ser tamén de xénero e mesmo se debía tratar os xéneros como algo de seu. O debate sempre me semellou absurdo para unha cultura que pretendía ser normal. Tomás González Ahola, Pablo Fuentes e Cristina Felpeto tamén o entenden así e crearon Urco Editora, unha casa especializada en terror, ciencia ficción e fantasía que tirará unha ducia de libros ao ano. Comenzan o día 20, cando presentan a editora co corvo de Poe, da man de Moisés Barcia. Logo, contra fin de ano ou a primeiros de ano quitarán o Sleepy Hollow. Logo sairá un título de Howard e empezarán a alternar os da colección Urco Gótica cós de Urco Ciencia Ficción e Urco Fantasía. O seguinte de gótica será Lovecraft, ese señor que tanto gusta a Agustín. O volume de Hollow será o primeiro dunha serie de minilibros.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Eu agradézolle "o discurso", mesmo fiquei con gañas de máis
Répondre
S
Eu vira "Jade Soturi" (curiosamente nas aulas de mandarín) e gostara dela. Eu estou a espera do Kalevala pero como tradución libre, nada de tostón filolóxico.<br /> <br /> A verdade é que hai cousas que motivan por escandinavia adiante...
Répondre
L
Pois a verdade é que tampouco ando demasiado posto sobre "terror nórdico" en xeral. A miña experiencia coa literatura nórdica baséase fundamentalmente na finlandesa e pouco mais. En canto a esta, algo hai de finais do XIX que se podería calificar como "folclórico-gótico-fantástica", sobretodo contos. Na primeira metade do XX a narrativa finlandesa está moi apegada ao realismo (Väinö Linna, por exemplo), aínda que nas últimas décadas o fantástico está a cobrar moita importancia, tanto na literatura como no cinema. Aproveito aquí para recomendar encarecidamente o filme "Jade Soturi" (O guerreiro de xade), unha mestura entre as lendas do Kalevala e lendas chinesas, que está rodado en finés e mandarín. En canto a terror propriamente dito seica se está facendo bastante nos últimos anos (non en balde mandaron aos Lordi a Eurovisión XD). Xa veremos se pode ter cabida algo disto en Urco, todo é cuestión de estudalo.<br /> Desculpade o discurso, é que me emociono e claro, pasa o que pasa...
Répondre
J
Pois se volve por aquí ten a consumición paga.
Répondre
S
Iso deixámosllo ao Lemminkäinen...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité