Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 mars 2008

ESCRITOR, ESCRITOR, ESCRITOR E O MUSEO DE LUGO

Hai aínda un par de días que me volveron co ruxerruxe de que un escritor concreto ía ser director do Museo Provincial de Lugo. O escritor, ao que desculpen que non cite porque está farto de ser citado como candidato, rexeita tal candidatura (coma sempre fixo, por outra banda). Agora soa outro escritor como candidato dentro dunha terna da que se desbota a outro candidato que escribe Historia porque está xubilado e eu non vexo claro que o tercerio ternario vaia deixar o seu posto polo de director do MPL. Outro escritor, aí si que lle vexo lóxica pola súa experiencia eficaz, é anunciado como director de Publicacións. A todo isto, non comprendo para que teiman en nomear director, cando o museo leva case que unha década vivindo a mellor etapa da súa historia co cargo sen ocupar oficialmente.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
O seu comentario sobre Otubo é ben curioso, pero no caso do Museo Provincial de Lugo non ten o mesmo que sexa unha persoa ou outra quen o dirixa porque ten moita actividade e é o centro da vida cultural da cidade.
Répondre
C
As remudas nos postos de xetión cultural respostan sempre ao mesmo parámetro: enchufes, bacantes e colocar o amigote de turno. Non admite moitos comentarios que sexa un poeta blokeiro, un señor desahuciado de peluquín ou un que quda sen chollo na chunta. así é, así vos parece. <br /> Quen vai ir os museos? que vao o museo temndo youtube?
Répondre
J
Pois xa hai quen leu esta entrada e a matiza. Di un meu amigo que Felipe Arias é o único dos candidatos sobre os que se rexouba que ten a praza de director-conservador do MPL e que no seu partido teñen a intención de desprazalo de Compostela.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité