CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Escaparate galego: Se hai libro galego, hai cliente galego.

06 octobre 2008

A LITERATURA NORTEAMERICANA NON CONTA?

Os señores da Casa da Bolsa de Estocolmo elixen Premio Nobel de Literatura o xoves. A literatura norteamericana non conta?

Posté par Jaureguizar à 15:47 - Commentaires [16] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

Commentaires

Rey Ballesteros

A TODOS OS AMIGOS DE ANXO REY BALLESTEROS

Un grupo de persoas ligadas a "Café Voltaire", tertulia viguesa da que forma parte o noso amigo Anxo Rey Ballesteros, vanse reunir para desexarlle unha pronta recuperación da súa enfermidade. Nese acto, brindarase á súa saude, leranse fragmentos da súa obra e falarase da súa significación na literatura galega recente. Invitamos ao seus amigos de toda Galicia a compartir con nós eses momentos -e, eventualmente, a ler algún texto ou lembrar dalgún modo ao amigo enfermo-, acudindo a Vigo o Venres 17 de Octubro, ás 20´30 no Central Pork, en Via Norte 40 (xunto á estación de ferrocarril). Rogámosvos que fagades extensiva esta convocatoria á xente que vos pareza oportuno. Unha aperta:
Adela

Posté par Jim Morrison, 06 octobre 2008 à 22:49

SONDAGGIO

Como vexo que lle gustan as apostas polos premios, mire a que publican no xornal LA REPUBBLICA: http://temi.repubblica.it/repubblica-sondaggio?pollId=1003

Posté par arume dos piñeir, 07 octobre 2008 à 20:19

SONDAGGIO

Como vexo que lle gustan as apostas polos premios, mire a que publican no xornal LA REPUBBLICA: http://temi.repubblica.it/repubblica-sondaggio?pollId=1003

Posté par arume dos piñeir, 07 octobre 2008 à 20:43

Eu votei por Atwood, aínda que tamén votaría por Roth.

Posté par Cau, 07 octobre 2008 à 21:05

Moitas grazas pola ligazón, arume. A poucas horas de que os suecos fallen, Philip Roth vai destacado. Eu apostaría por John Updike se crese na xustiza poética. Como reservas teño a Murakami e a Manuel Rivas.

Posté par jaureguizar, 09 octobre 2008 à 01:33

Pero é que se llo dan a Philip Roth, tolean no grande jornal de Galica; a separata semanal de literatura do jornal coruñés é un 74% sobre Roth ou Paul Auster... Quem dixo que os ameicanos non contan?
Sen dúvida, dos americanos o Roth é o de mais mérito... Os dosu ultimos libros de Paul Auster son abondo repetitivos...
Eu dariallo a Camilleri ou a Modiano

Posté par biscoitofino, 09 octobre 2008 à 10:44

Temos sorte de que o grande xornal de Gz dedica tanto espazo a Roth ou Auster, e non a terceiras ringleiras españolas como Muñoz Molina ou Millás. Empecei o anterior de Auster e se me foi esluíndo entre outras lecturas.

Posté par Jaureguizar, 09 octobre 2008 à 11:45

Os americanos contan moito que lle doa a ese secretario da Academia Sueca experto en literatura francesa. Na Francia actual, de quitados a literatura de Modiano e o espectáculo de Houellebecq non destacan máis cos inmigrantes que lle sescriben en francés.

Posté par Jaureguizar, 09 octobre 2008 à 11:48

Esquecera (imperdoable) a Updike. Harry Rabbit é un personaxe inesquecible.

O que sinto ben é que Bellow morrese sen levalo. Asi que, para que non pase o mesmo, outro votiño para Updike e outro máis para Askildsen, que é do 29 (e veciño dos suecos :)

Posté par Cau, 09 octobre 2008 à 11:57

Autocorríxome. Acabo de ler que si o gañou, no 76. Asi que podo borrar a Bellow da miña listaxe de esquecidos inxustamente polo Nobel :)

Posté par Cau, 09 octobre 2008 à 12:01

Cau, non sei se vai crer, pero mentres escribía o último apuntamento hai dez minutos véuseme á cabeza que Bellow (¡que grande 'Ravelstein'! ¡que grandes as súas nouvelles!) morreu sen Nobel. O Harry Coello é un imperio literario en si mesmo. Eu linlle todos agás os contos de 'Coello volve'.
Non coñez a Askildsen, podería falarnos ao respecto?

Posté par Jaureguizar, 09 octobre 2008 à 12:08

No estilo, un algo de Carver (aínda que un chisco irritante no xeito frío, exhaustivo de recoller acenos, palabras). Na técnica, pura teoría do iceberg: o importante é o que non se di. Nos temas, coido, a imposibilidad de acadar una verdadeira comunicación cos demais.

Posté par Cau, 09 octobre 2008 à 23:17

imposibilidade :)

Posté par Cau, 09 octobre 2008 à 23:20

Si, non o entendo Cau, eu tampouco dou feito

Posté par jaureguizar, 13 octobre 2008 à 23:34

Enviado por Cau:


Algo máis sobre Askildsen.

Un conto:

http://estaticos.elmundo.es/documentos/2006/09/21/elisabeth.pdf

Posté par jaureguizar, 13 octobre 2008 à 23:37

outros envíos de Cau:

http://www.elpais.com/solotexto/articulo.html?xref=20080510elpbabnar_6&type=Tes&anchor=elpepuculbab
http://www.publico.es/culturas/81280

Posté par jaureguizar, 13 octobre 2008 à 23:39

Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=10848245

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :