Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 octobre 2008

MARCADO POLA MORTE

A soedade, a vellez e a desmemoria dánme medo. Meteumo Askildsen, cun libro que merquei por unha recomendación que Cau nos fixo no cabaret unha noite na que estábamos falando sobre o Nobel. Transcribo dúas frases que reflicten o espírito do libro: "Eu tiña unha irmá que cría na vida eterna. Non lle parece o cumio da vaidade?". "Soamente os supersticiosos opinan que a misión dun médico é prolongar o sufrimento de seres marcados pola morte".

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Eu tamén apreciei a retranca, Cau, pero non comparte con vostede o da tenrura. O vello faiseme egoísta e cruel, aínda que pode entender que está só e asustado polas súas limitacións e o medo ao futuro. Se Askildsen tiña 56 cando escribiu eses relatos, daquela impresióname máis a capacidade para poñer na pel, enrugada, dun anciá. E, por diante de todo, moitas grazas pola súa recomendación, Cau; se non chega ser por vostede, nin lle faría caso a un libro cun tratamento de capa tan ridículo.
Répondre
C
Vaia. Eu atopei certa irónica tenrura nos primeiros relatos das Últimas notas. Gústame moito o vello Thomas, aínda que diga tremendas barbaridades: "A miña muller morreu hai xa moito. Era unha muller esixente, que descanse en paz, por fin concedeuma a min".<br /> <br /> A min teríame impresionado máis se fose unha obra de vellez, pero é que Askilsen, que é todo engurras nas fotos actuais, tiña "só" 56 anos cando escribiu esta obriña. Pura ficción, aceda e ao tempo tenra (esa necesidade que ten o vello Thomas de se comunicar), sobre unha vellez que el aínda non coñecía de primeira man. Pero que ben funciona, non si?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité