Xa que os xurados de novela e conto están formados por poetas, porque os premios de poesía non os deciden narradores?
Commentaires sur UNHA PROPOSTA PREMIABLE
- Xa os haiEu coido que hai exemplos nos dous sentidos. De todos os xeitos... tamén lle hai moito poeta metido a narrador e viceversa.
- Jaureguízar non me diga que non está contento por ver como o seu odiado amigo está cada vez máis abaixo. A aelg acaba de publicar a lista de finalistas e non está entre dez novelas elixidas polos propios escritores a última do dandi de Verín, e iso que el presentouna como a súa novelaza. No san Clemente tampouco. No dos editores estaba de finalista e nada. A súa GRAN novela vai quedar nunha merdiña. Nin cristo se acorda dela. Haberá que preguntarlle aos de Galaxia se lle van editar máis páxinas, porque el como di vostede non escribe novelas, senón páxinas e máis páxinas. Cada un ten o que merece e deste caneirinho no se acorda nin dios. Que se foda.
- Por esquematizar o meu parecer.
- A miúdo as fronteiras entre xéneros sonlle difusas.
- Como dicía "Un pingüíno en mi ascensor" en la variedad está la diversión. Senón non se premiarían nunca novelas con lirismo, nin poemas narrativos. E é necesario.
- Se é por gusto a min me gustaría contar con xurados que tivesen criterios semellantes a min cando escribo, pero tampouco creo que sexa recomendable)
- Malia todo, segue a gustarme que polemice sobre estes temas. - Adoito limitarme a ler nos blogs. Non "polemizo", porque iso é como dixo certo articulista: escribes e escribes e non cres que con iso cambie nada.
O do post do Anxel Fole púxeno porque nunca deixa de me chamar a atención que os xurados de premios de narrativa estean cheos de poetas. Así, como sucedeu este ano, vai o xurado e destaca "o lirismo" do relato premiado, mentres puideron deixar de premiar relatos narrativamente máis eficaces porque lles parecerían telegramas. - Si, Danilo, pero eu quero que as miñas novelas sexan avaliadas con criterios narrativos, non líricos.
Con permiso:
Díccionario da R.A.E. (O dicionario galego que consultei non vale para este caso, como, por desgraza, para tantos outros):
lírico. 6. adj. Que promueve en el ánimo un sentimiento intenso o sutil, análogo al que produce la poesía lírica.
lirismo. 2. m. Abuso de las cualidades características de la poesía lírica, o empleo indebido de este género de poesía o del estilo lírico en composiciones de otra clase.
Con permiso outra vez, e sen outro ánimo que achegar luz, pode entenderse o lírico ou o lirismo coma un criterio perfectamente narrativo.
Dos xurados e a súa composición falamos outro día se lle parece.
Saúdos. - Nos xurados, hai case sempre catro ou cinco nomes que se repiten, o que tamén acaba sendo contraproducente, porque vaise marcando unha liña determinada. Debería ser a cousa máis variada e que entrase xente nova. En canto a criterios líricos e narrativos, supoño que a literatura é tanto "estructura" como traballo da "palabra". Supoño que un escritor valorará tanto unha boa trama coma unha boa metáfora.
Nouveau commentaire