Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 novembre 2009

BD BANDA, EDITORA DO PREMIO NACIONAL DE CÓMIC

O Premio Nacional de Cómic, que outorga cada ano o ministerio español de Cultura foi nesta edición para o álbum As serpes cegas, do mallorquín Tomeu Seguí e do madrileño Felipe Hernández Cava. A obra foi editada polo colectivo galego BD Banda na nosa lingua e en castelán no pasado 2008, sendo a primeira coedición galego-francesa neste campo. O álbum xa fora recoñecido co Premio da Crítica, o Premio Diario de Avisos ao Mellor Guión e o premio do Saló del Còmic de Barcelona á Mellor Obra e ao Mellor Guión entre outros recoñecementos. Os autores da obra recibirán un total de 20.000 euros. (Fonte: Culturagalega.org)

Publicité
Publicité
Commentaires
O
É un bó álbum, Fernández Cava ten moito oficio (nótaselle, porque a mesma historia contada por alguén máis inexperto podería dar risa) e Seguí fai un labor excelente. <br /> <br /> Pero entendo que se premia tamén o magnífico labor de Kiko e compañía, que por unha banda tentan sobrevivir como editora sacando proxectos con viabilidade no estranxeiro mais manteñen o compromiso coa terra sacando edición en galego.<br /> <br /> por certo, eu lin a edición en galego, traducida por (coido) Francisco Manuel Paradelo Rodríguez. E digo coido porque o meu exemplar (e non sei cantos máis) estaba defectuoso e as primeiras páxinas eran as da edición en castelán, de xeito que non constaba o autor da tradución.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité