Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 novembre 2009

O LIXO TAMÉN É UN ASUTO PARISINO

O lixo de Nápoles é un asunto da Camorra e o do New Jersey televisivo, de ‘Los Soprano’. En París debe de ter vida propia, porque non é atribución de ninguén. Saul Bellow lembra en ‘Todo cuenta’ (Destino) que se lle ocorreu preguntar onde levar as bolsas do lixo a unha señora que viña de alugarlle un piso. A mulleriña indignóuselle toda e explicoulle que os refugallos non eran unha cuestión da que tivese ocuparse un parisino. Esixiu ao escritor que non volvese mencionar unha cuestión tan noxenta. Destino publica agora ‘Genet en el Raval’,a testemuña de Juan Goitysolo sobre as vivencias compartidas co lumpendelincuente que mellor escribía. O libro parte do Raval barcelonés, co Jean Genet prostituíndose vestida de faralaes para manter un ex lexionario manco que rexeitaba calquera encarnación xuntos malia consentir que compartisen leito. En canto Genet marcha a París, a ese París hixiénico no que os foráneos son incapaces de adiviñar o que se supón que deben facer co lixo, Goytisolo amósao coma un piollo perdido nun mantel de liño, amolando a unha sociedade que ignora o paradoiro dos seus refugallos. Na capital francesa, Genet aparece rexenerado, xa non é o incluseiro que retrata Ivan Jablonka en ‘As verdades inconfesables de Jean Genet’ (Seuil) nin o rapaz que percorre o Raval para pedir cebolas ás señoras con destino a sopas colectivas, nin sequera o godallo que rouba carteiras ou proporciona pracer cabareteiro a decentes industrais barceloneses de ‘Diario dun ladrón’ (Seix Barral), senón un autor que goza do éxito/rexeitamento das súas pezas teatrais. Nesas obras lémbralles aos parisinos que o lixo humano si é algo que lles afecta.

Publicité
Publicité
Commentaires
A
http://vigoblog.blogspot.com/2009/11/el-pelotazo-iii-sting.html
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité