Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 novembre 2009

COLABORACIÓN DA AELG E O PEN?

Camilo Franco xuntou a Luís González Tosar e mais Cesáreo Sánchez Iglesias nunha entrevista acertadamente matizada para a Voz:

"Moi amigablemente renegan os dous dese protagonismo de estar enfrontados. Os dous por igual están de acordo e non están en desacordo, pero as maneiras educadas de ambos non esconden un punto de tensión que a conversa vai diluíndo conforme avanza.

P. ¿Nun futuro veremos os logotipos dá AELG e mais do P.E.N. Clube xuntos nalgunhas actividades, porque ata agora non teñen estado?

L.G.T. Por min mañá mesmo.

C.S.I. Estaría encantado de levar as propostas ao consello directivo da asociación.

L.G.T. Eu atrévome a falar por todos para dicir que, por exemplo, para defender a nosa ferramenta principal, a nosa arma de traballo, a lingua (...). Sempre dentro do espírito do P.E.N., que é aberto, amplo, plural.

P. ¿A colaboración non chegará a unha alianza?

L.G.T. (...) estamos dispostos a ser aliados porque os tempos igual son difíciles e están pedindo iso.

C.S.I. Non vexo problemas na colaboración, aínda que na AELG todas estas cousas teñen que pasar polo consello directivo e tamén polas asembleas."

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité