Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 novembre 2009

DAN BROWN NA RÚA DAS TABERNAS

Dan Brown non escribe peor ca moitos autores que enchen a portada do Babelia. Leo o ‘O símbolo perdido’; non traduzo o título, foi editado a todo luxo en galego por El Aleph. Diría que Brown é desordeado contando e descoidado ambientando, pero ten sentido do ritmo, e sabe escoller temas e manillar coa intriga. ‘O símbolo perdido’ comenza cunha cerimonia de iniciación como a que haberá na rúa coruñesa das Tabernas cando se elixa o novo presidente da Academia Galega. Varios académicos falan con emoción de Ferrín ao fronte deles e aplauden a pureza da súa autoridade cultural e a súa proxección. Mesmo Roberto Varela afirma gustar da súa poesía, mais eu dubido de que guste por igual da súa prosodia. O goberno, encerellado na regulación do galego, preferiría un candidato menos mediático; quizais un Axeitos, ao que respaldan un sólido prestixio de investigador e a bonhomía. Axeitos, defensor de Carvalho Calero para o Día das Letras, contería a maré de indignación reintegracionista que xeraría a elección de Ferrín A terceira vía sería Freixanes, que salta decotío entre os eidos da edición, a literatura, a docencia e a prensa, e que representa a columnas do rexurdimento postditadura, Galaxia. A Academia debería evitar unha presidencia propia do xogo The Sims, como a de Sabell, e manter o pulo de Del Riego que acelerou Barreiro. Nestes momentos en que a desprotección parcial da lingua, a mundialización e a tecnoloxía poden convertir a cultura galega nun holograma, cómpre que algo do espírito de procurar grandes públicos que anima a Dan Brown fose tido conta coa fin de que a RAG non acabe sendo un símbolo perdido.

(Artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Grazas, Adosinda. Eu creo que a todos nos compracería o nome de Ferrín ao fronte da RAG e todos sabemos que non vai ser por motivos políticos. Eu non teño tan claro que Freixanes rexeite de cheo o cargo, malia que el dixo algo nese sentido.
Répondre
A
Excelente artigo.Eu penso que unha institución como a Academia necesita unha persoa coas arestas non tan afiadas como as do Ferrín. Mais do tipo Axeitos, xa que Freixanes, que, efectivamente podia ser outro candidato, non quere abandonar Galaxia.O pulo de Del Riego e, sobre todo, de Barreiro, debe acrecentarse: os tempos son menesterosos, abofé.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité