Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 décembre 2009

GRATUITA, GRANDE Y LIBRE?

Gratuíta e libre son termos contraditorios se falamos de cultura. Se os creadores non temos unha compensación, non podemos ser libres para crear. Achegarte foi unha boa resposta diante da deserción de Cultura de cára a un escapate tan importante para a cultura galega, pero non pode ser o modelo de actuación. As industrias culturais non poden funcionar a base de que soamente haxa cartos para os promotores e os distribuidores, os xeradores tamén debemos de ter unha compensación digna ao noso esforzo.

Publicité
Publicité
Commentaires
B
Eu non dixen que falaras de Guatemala e demais, Rubén. Eses son os pro-cultura gratis, e non me pareceu que falaras coma un.<br /> Tamén niso levas razón. Internet, os P2P (e as descargas directas) son un problema no tocante ó que se pode obter doadamante (alomenos en canto a distribución, outra cousa son os euros), pero ó tempo tamén ofertan moito do que as produtoras, editoras e discográficas se negan a editar (esa grabación maliña dunha película que nunca saíu en DVD, ese disco do ano catapúm, etc.). O problema é complexo, porque se queres acabar cuns, acabas con outros.
Répondre
R
Eu non falo nin de Guatemala nin de explotación das discográficas. Só digo: o sistema P2P e semellantes non van desaparecer. Quen queira buscar alternativas á "industria do obxecto cultural físico" para que todo o mundo cobre polo seu traballo (cousa moi xusta) debería espabilar. Tamén é doado de entender, penso. Eludir seguido esta realidade é adiar unha reconversión inevitable.
Répondre
B
Obviamente. O caso é o que se paga.
Répondre
J
O de Guatemala, as produtoras, bla, bla, bla,... son excusas para ter os nosos produtos by the face. Non é tan difícil de entender que, se non se paga polas cousas, non hai empresas e non hai cultura. A cultura libre e gratuíta é unha falacia, ou se paga ou non a hai.
Répondre
B
É o que di Rubén, aí está o problema. Moralmente non é reprochable que unha persoa que mercou un libro, unha película, un disco ou o que sexa o comparta con outros. E parece imposible controlar iso. Hai case trinta anos vinte rapaces xuntábanse, un mercaba un LP (deses en vinilo, que volven estar de moda) e tiraba 19 copias en casete.<br /> A min o de cultura gratis nunca me entrou polo ollo dereito. Non é posible. Saramago falaba de cegueiras pero non viu a desta xente: non queren ver o que é unha industria, só lles preocupa non ter que pagar. Moitas veces é por mal costume, outras porque non poden pagalo. Teño discutido con eles en foros un cento de veces, explicándolles que se unha empresa non ten beneficios tarde ou cedo deixará de producir, pero non queren entender nada. Uns din que se as multinacionais explotan ós seus traballadores en Guatemala (que debe ser certo, aínda que sexamos nós os que non queiramos velos), outros que se baixan unha película non perxudican ós actores que traballaron nela, porque xa cobraron mediante adianto (só á produtora que a produce, que, din, ten moitos cartos e total...), etc. É complicado. Pero creo que o problema ten dúas partes. Unha é que a xente se afaga a pagar, e outra é que teña para facelo. Se non vemos isto, nós tamén estamos cegos.<br /> Por certo, Jaureguizar, non entendo por qué semella gustar do libro electrónico. Eu non o podo ver diante, porque sei o que virá despois, o mesmo que pasou cos CDs e DVDs.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité