Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 décembre 2009

RIVAS: "A FERRÍN NON SE LLE PODE APLICAR UN MOLDE"

Información de Iago Martín e A. Losada, en Xornal: "Para optar á presidencia, a Ferrín éralle abondo o respaldo de tres académicos, e teno de moitos máis. Non é o único con ese aval, pero Francisco Fernández del Riego, antecesor de Barreiro, e Manuel Rivas, acabado de chegar á casa da lingua galega, coinciden en que é pouco probábel que aparezan outras candidaturas nunha instituación onde o acordo é tradición."

"A Ferrín non se lle pode aplicar un molde acabado”, explica Rivas. “O interesante é que é un personaxe poliédrico. Non esquezamos que foi el o gran reivindicador de Cunqueiro, un autor claramente conservador, e que segue a ser unha das voces que defende constantemente autores galegos que escriben en castelán, como Valle-Inclán, Torrente Ballester, Cela ou Carlos Oroza. A presidencia da Academia debe decidirse seguindo outros criterios. Cómpre aterse á traxectoria literaria e académica do candidato”.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 438
Publicité