Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 décembre 2009

CON FRANCO NEVABA MÁIS

A NATUREZA sofre contradicións. A neve está conxelada, pero queima as mans coma se nos metese resistencias de braseiro nos dedos. Soubeno con 8 anos, cando o meu pai me levou aos Oscos para que a descubrise. Os que medramos co mar por banda sonora deberíamos montar as nosas barricadas sentimentais para reivindicar que o feito de visitar a neve por vez primeira teña a mesma altura lírica ca coñecer o mar. As folerpas en Ribadeo eran tan excepcionais coma un dato bo do IPC. Cando nevaba, os fotógrafos locais, Pérez e Miguel, subían ao campanario de Santa María para retratar o Campo de San Francisco baixo un edredón nórdico. Pola tarde, expoñían as imaxes do espectáculo nas súas tendas. Antonte os rapaces ribadenses non puideron ir a clase. O seu calendario de aprendizaxe veuse trastocado por orde de Educación coma se vivisen no Courel. Non sei que me preocupa máis, se estes criterios tan cegos ao particular ou que un país occidental paralice o seu sistema educativo por unha nevada, un fenómeno que se repite anualmente durante días. Comparto a teoría do fonsagradino Bolaño de que «con Franco nevaba máis». Daquela non pechaban os colexios. Como asevera o meu compañeiro Elías, «agora ao inverno chámanlle temporal». (artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
A
Non, se entender, enténdese, supoño. O que acontece é que foi vostede poñer o dedo nun punto moi sensible. Non deixa de ser tráxico (digamos cuasetráxico) que tanto os nenos das vilas e cidades, coma os do rural (e xa non digamos os da montaña), estean sometidos á obriga de horas e horas de autobús para seren escolarizados. Horas de aburrimento e infructuosidade e de risco innegable. E no fondo, a evolución demográfica, e no fondo, a ruína paulatina de Galicia, e no fondo, a perda de toda unha maneira de ser e de entender a vida, e no fondo... Ó mellor todo isto é inevitable. Non o sei. Pero manca. Manca moito. <br /> De todas maneiras, benvida sexa a retranca. Saúdos.
Répondre
J
Ambrosiano, pensei que se entendería o de Franco como fase feita e con toda a carga de retranca que lle metín.
Répondre
A
Vaia por diante que concordo coa mensaxe de fondo do seu artigo. O que me desgusta é o final. Con Franco non se pechaban os colexios. Con Franco os colexios estaban ó pé da porta dos nenos, case que en cada aldea, porque había nenos e había mestres que vivían onde os nenos estaban e, durante moitísimos anos, ós mestres que non querían vivir onde estaban os nenos permitíaselles colocar un substituto no seu lugar, titulado ou non, que el pagaba pola súa conta. <br /> <br /> Realidades distintas, medidas distintas. Cando se fan comparacións, cómpre xustificalas. Saúdos.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 438
Publicité