Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 janvier 2010

DOLORES VILAVEDRA: "CID CABIDO REVELA O POTENCIAL LITERARIO DE VIGO"

Dolores Vilavedra, en El País: [Cid Cabido consegue en Unha historia que non vou contar aproveitar a fondo o que a priori era só, nin máis nin menos, unha boa historia: o asasinato nos anos 70 dun coñecido empresario da conserva, e as hipotéticas conexións do crime co sonado caso Reace. Como Capote no seu día, Cid tira da realidade historia e personaxes e revélanos unha vez máis (xa o fixera en Panificadora) o potencial literario de Vigo. Protagonizada por un personaxe doadamente identificable cun trasunto do autor empírico que nos resulta simpático pola desenvoltura irónica e pouco compracente con que o trata (¿se retrata?) o escritor, Unha historia que non vou contar artella unha trama de intriga, adubiada coas pingas xustas de humor, e canaliza con habelencia a curiosidade que esperta o suceso histórico, tanto nos que conservamos unha lembranza daqueles tempos coma dos que nin naceran aínda. Outrosí, Unha historia que non vou contar é moito máis ca unha boa anécdota ben narrada: é tamén un paseo polo Vigo da época do que, sen socioloxismos impostados, se nos ofrece un retrato plenamente convincente. Pero sobre todo o texto se nos revela como un espazo polifónico no que escoitamos en directo diversas voces que nos enfrontan cos límites e posibilidades da lingua como instrumento de comunicación, de información e de construcción da realidade e que, de camiño, permiten poñer en evidencia o relativo da verdade: non chegamos a saber que foi o que verdadeiramente pasou e mesmo, ao remate, concordamos co protagonista en que ningunha das versións que se nos foron proporcionando resulta convincente. O que importa é a viaxe, pois a novela desenvólvese como un work in progress abortado, como un proceso en marcha que non leva a ningures, só ao cerne do relato, ao propio pulo fabulador, sen que en ningún momento o autor tente asoballarnos con alardes metaliterarios: aquí só hai praxe ficcional e discursiva.]

Publicité
Publicité
Commentaires
P
a novela é un puro vacile ó lector, inverosímil e reiterativa
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité