Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 juillet 2010

LO QUE NOS UNE

O enchepistas de hoxe vai ser un partido de fútbol entre os representantes de España e de Alemaña. Agradezo, logo, estar botando uns días nun país normal; no que reclaman ser representados pola súa selección. Este país é tan sensato que non soamente evita montaxes vergoñentas de pantallas xigantes na liña estética e monocorde da Praza de Oriente, senón que mira o fútbol por interese no deporte, sen exhibicionismos rojigualdas. Escoitaba onte, por un descuido no roldar da rosca do dial radiofónico, a un deses aletrados creadores de pensamento colectivo que estaba con papeiras o día no que explicaron no seu colexio que en español o 's' non se pronuncia 'j'. Aseveraba, cheo de razón, que "lo que nos une a los españoles por encima de las regiones (sic) y de las ideologías, es el fútbol". Non quedei co nome, pero vou negar que o argumento ilusionoume ao decatarme de que o material da fusión é un fato de deportistas profesionais.

Publicité
Publicité
Commentaires
P
hai que ir polo rego, non se pode opinar diferente, non se pode pensar.....
Répondre
S
Se lle amola, puaj, non lea ou non se meta na discusión. Unha tila, con estas calores, vai moi ben.
Répondre
P
vamos a ver... asi nos vai, discutindo sempre.. os novos coma min, o que queremos é ver un partido de futbol e punto. deixade as lerias para outro dia, que pesados sodes!!!! tanta politica e tanta gaita, mellor discutide polo que hai que discutir
Répondre
S
O das ligas, Rubén, é de menor importancia. De feito, moi probabelmente o Celtic e o Rangers escoceses xogarán algún día a liga inglesa. O asunto problemático é o veto. Un dos motivos de ver a selección española co escudo nacional e non o federativo (nunca o levaron) é precisamente ese, representar a todo o estado, non a unha hipotética federación.<br /> En fútbol véxoo difícil (a independencia política non significa nada, xa que Kosovo non pode entrar na UEFA polo veto serbio) en rugby non me estrañaría nada (xa hai unha ibérica) ver incluso a Galicia nuns 25 anos.
Répondre
R
Eu penso que Cataluña xogará un mundial en 30 ou 40 anos, non teño dúbidas. Terá liga propia (como de feito xa ten en distintas categorías), pero probablemente o Barça seguirá a xogar na liga na que xogue o Real Madrid, do mesmo xeito que os Toronto Raptors xogan na NBA e ninguén se escandaliza. Do mesmo xeito que o Cardiff galés xoga na "Segunda" inglesa, o Mónaco na francesa, ou o F. C. Andorra en non sei cal categoría de Cataluña. Sobre a viabilidade en función do potencial que comenta Juillet: temos que considerar o papel de Inglaterra ou Francia neste Mundial como "algo grande"?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité