Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 juillet 2010

CANTAS CASAS TEN HIRST?

Andan cambiando as flores do can de Jeff. Puppy non é un cadáver, pero as flores amurcharan. A peza 'Cachorro' (1996), o cadelo de Jeff Koons, permite que Bilbao chame ao Guggenheim, 'a caseta do can'. Puppy coida do cuarto de milla de ouro arquitectónico, deseñado por Ghery, Isozaki, Calatrava, Mariscal e Pellí. Nese radio entra o Museo de Bellas Artes, que percorrín inspirado por 'Bilbao-Nova York-Bilbao' (Xerais), de Uribe. Na tenda merquei 'El tiburón de doce millones de dólares' (Ariel), de Don Thompson. O autor conta o xeito no que o príncipe da Bolsa da Creatividade, Charles Saatchi, converteu un tiburón en formol de Damien Hirst nunha peza fulcral. Os Sex Pistols chamaron un documental seu 'O gran timo do rock and roll'. O moinante do manager, Malcom McLaren, coñecía a impostura de que aqueles macarras asolfeados liderasen un movemento internacional. 'El tiburón de doce millóns dólares' descalifica a Puppy, o can tristón ao que mandaría tras unha pelota unha e outra vez, máis lonxe a cada volta. Thompson diseciona as parvadas cometidas nas subhastas por eses ricos que temen quedar de pailáns se presumen dun Lamborghini, pero non se fachendean de comprar as sabas enrrugadas e os preservativos usados que Tracy Emin titulou 'A miña cama' (1996). A enchenta rematou e debemos reconsiderar a solidez do mercado financieiro paralelo da arte. Thompson explica que o problema non é que abunden os imprudentes que desprezan a arte actual con ignorancia, senón que os multimillonarios que incharon os prezos sabían tanto coma eles. A consecuencia é que Hirst é incapaz de enumerar as súas casas en propiedade.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Eu acho que critica a arte moderna por falta de técnica, pero son puntos de vista. De todos os xeitos, lin pouco aínda, pero o libro é moi interesante.
Répondre
R
Eu son moi escéptico sobre a tan anunciada caída do mercado artístico. Levamos dende finais dos 80 coa lideira de que o mercado non dá para máis, pero non vexo sinais de nada semellante. Obviamente a arte está xa totalmente entregada aos cartos, igual que a literatura ou o cinema; aínda así é, na miña opinión, o espazo que permite facer cousas máis arriscadas. O libro de Thompson está ben, pero non acabo de entender por que se interpreta como unha crítica a Hirst ou Koons ou Emin cando a meirande parte dos exemplos sobre a especulación artística que cita son referidos aos pintores consagrados do século XX.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité