Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 juillet 2010

DESENCANTO DA CARPINTEIRÍA

Cando era un mozote estaba certo de que ser escritor era o top das ilusións. Por iso, consagrei ducias de horas a ler a Kafka. Transcorridos uns anos, decateime de que imprescindibles eran os carpinteiros, os señores que nos fornecían de cousas que usamos todos os días: camas, mesas, armarios. Mirar a Javier Losada e Beatriz Mato montando mobles no Ikea da Coruña devolveume ao pensamento vello: é máis admirable ser escritor. A visión devolveume a Kafka. O escritor alemán de DNI checo era o que a sociedade aletrada chamaría un 'friki', un excéntrico. Non cómpre máis ca unha conduta extravagante dun mozote que tiña asignado un cuarto con unha única ventá. Abríndoa, asomábase ao interior dunha sinagoga. Resulta meritorio saír medio normal dunha intimidade así.

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Engado: Non se ven Kafkas nin Vians porque, sospeito, non resultan rendibles nin asequibles para o marketing.
Répondre
D
Respecto á alusión a Kafka, aí faise notar unha diferencia fundamental. O "ton xeral" da literatura hoxe, polo menos o da galega e o da española en sentido amplo, é o do aburrimento. Eu teño para min que isto sucede porque os máis dos escritores que publican hoxe son xente moi normal, correcta, con problemas mundanos coma o de chegar a fin de mes. Xa non se ven frikis coma Kafka, nin tolos macanudos coma Boris Vian. Entón, escríbese de xeito correcto, pero máis nada.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité