Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 juillet 2010

BICOS EN CAIXAS FORTES

A miña adolescencia foi emérita. Emérita, non por excelsa, senón que a prolonguei varios anos. Tamén foi unha adolescencia rara porque dedicábame a ler os novelóns de Kafka cando debería ocuparme en actividades que me axudasen a desenvolver o meu espectro afectivo e social, como apoderarme de sinais de tráfico para cambialas de ubicación e furtarlles o sentido. A maiores do 'Top Kafka', lin escritos menos considerados, como as 'Cartas a Milena' (Alianza). Kafka, autor alemán nacido en Chequia, non dominaba o idioma do seu país, polo que recorreu a Milena Jerenská para que lle traducise. Na altura na que se coñeceron, o escritor, residente en Praga, ía pola terceira promesa de matrimonio incumprida e ela, asentada en Viena, estaba casada nunha relación en concurso de acreedores. O seu amor foi epistolar, con contados encontros, polo que, como Kafka lle reprochou, Milena estaba namorada do amor ca de el. As cartas revelan curiosidades como a visita que lle fixo George Kaiser, un home “metade comerciante berlinés, frivolo; metade demente”. Kaiser, que se cría Lutero, arengouno sobre “o dereito incontestable de apropiarse de cousas alleas”, como soñaba eu facer coas sinais de tráfico. Hai días, cando me informei de que uns escritos de Kafka botaron medio século nunha caixa forte suíza, tiven morriña dese dereito. As cartas que remitiu a Milena deben de andar nesa cámara escura e sen aire, o lugar axeitado para preservar frases de Kafka para a amada como “escribir cartas significa espirse diante dos fantasmas. Os bicos por escrito non chegan ao destino, bébenos os fantasmas. Con ese abundante alimento, multiplícanse”.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité