Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 octobre 2010

ALFONSO PATO: "CHAÑO PIÑEIRO NON ACREDITARÍA"

ALFONSO PATO, en El País: [Se Chano Piñeiro levantase a cabeza dificilmente daría crédito ó que está acontecendo este outono no país no que puxo as primeiras pedras para edificar unha cinematografía aquí. Cinco filmes de realizadores novo agardan a súa chegada escalonada ás pantallas dos cines españois. Desde o filme de animación O Apóstolo de Fernando Cortizo, coa distribución pechada para América Latina, ata Todos vós sodes capitáns de Óliver Laxe, que continuará o seu periplo no festival de Xixón, pasando por Os Crebinsky de Quique Otero, que despois do seu paso polo festival coreano de Pusan está a piques de pechar a súa distribución para estar nas salas a principios do vindeiro ano. Pero dúas son as películas que terán estreas inmediatas: 18 comidas, de Jorge Coira, que se estrea o 19 de novembro, e Retornos, do debutante Luis Avilés, un interesante thriller que hoxe se estrea nas salas de toda España.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité