Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 décembre 2010

(2ª parte) ALFREDO CONDE: "NON TEÑO VOCACIÓN DE PATACA"

A conquista española de México serve de marco para a vindeira novela de Alfredo Conde, unha historia que transcorre en dous tempos: 1520 e 2010. Terá presenza Galicia? 

Malo será que non saia algún personaxe galego na parte do 2010.

Escribiu sobre Ibáñez e María Pita. Volverá sobre persoeiros da historia galega?

Foi un xeito de coñecer a historia de Galicia. Unhas veces gañábame o personaxe, como Ibáñez, que non foi un explotador cruel qu ese nos presentou, senón todo o contrario porque creou condicións de traballo para os seus obreiros. Outras veces, a personaxe defraudame, como María Pita, que era unha máis das mulleres que loitaron contra Drake na Pescadería, pero colleu sona porque reclamou indemnizacións.

Sería unha personaxe a revisar. Pensa que se revisará tamén a súa obra dentro de trinta anos?

Impórtame un carallo porque non teño vocación de pataca, non quero que me enterren para medrar. Os escritores xa non cumprimos o papel de antes; cando desaparecemos, desaparece a nosa obra. Agora todo é mercado, a excelencia non pinta nada. Eu non vou renunciar a ningunha das miñas linguas. O que acontece é que preciso tempo e cartos. Paréceme un cachondeo que me traduzan do castelán, fareino eu cando teña tempo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité