TOMÁS GONZÁLEZ AHOLA cóntalle a XOSÉ MANUEL PEREIRO en El País: ["A proba de que a literatura galega cambiou nos últimos dez anos, e vaise convertendo pouco a pouco nunha literatura normalizada. O noso sistema literario superou esa fase adolescente na que a poesía tiña un papel central", di o seu responsable, Tomás González Ahola.

Editan todos os seus libros baixo licenza creative commons (pódense usar, en parte ou na totalidade, para fins non comerciais) e paulatinamente van "liberando" libros, poñéndoos de balde en formato ebook. "Vémolo como unha estratexia de marketing para o libro en papel", di Ahola.]