Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 juin 2011

INICIATIVA BEN COMÚN: "OUTRO ESPAZO É NECESARIO"

INICIATIVA BEN COMÚN: [A nova derrota da esquerda nacionalista nas pasadas eleccións confirma unha tendencia iniciada hai dez anos, pola que vén perdendo o pulso cidadán naqueles espazos xeográficos e xeracionais cara aos que debería ser máis sensible e onde tería que atopar maior receptividade. Preocúpanos que, de seguiren o mesmo rumbo, a derrota do tándem PSdeG/BNG nas próximas eleccións autonómicas non sexa só unha derrota electoral máis senón que teña consecuencias irreversibles sobre o futuro da esquerda e do porvir do país no medio e longo prazo.

(..) En todo caso, a evolución do PSdeG responde a coordenadas e parámetros condicionados por iniciativas que se resolven fóra das nosas fronteiras. O problema, aínda que sendo un desastre e actuando como condicionante, é en boa medida alleo a nós. Preocúpanos máis o outro espazo necesario e imprescindible para a construción dunha Galicia autogobernada, sustentable e avanzada: o espazo da esquerda nacional.

(..) Cómpre que as persoas e colectivos da esquerda social, que se estruturan de xeito moi variado, xunto coas persoas e colectivos críticos que participan da esquerda partidaria, nos xuntemos para promover unha alianza cívica e política ampla que permita a creación de espazos comúns de acción política.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité