Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 août 2011

UN GATO FALSTAFFIANO E UN SARXENTO LIBIO

Haberá 16 anos que Gaddafi chegou á casa. Entregáronmo nunha caixa de cartón nada inerte. A caixa daba saltiños e golpes contras o interior das súas paredes mentres a transportabamos no coche. Gaddafi daquela non se chamaba Gaddafi; non se chamaba nada porque era un gato de palleiro begontino. O micho saíu rebuldeiro, corría pola sala subindo e baixando cortiñas ás carreiras. Bauticeino de malo. Gaddafi, o ditador libio andaba daquela a bombazos cos norteamericanos a conta do caso Lockerbie, e consentinme a broma. Gaddafi aínda remolonea polas miñas costas, remudado nunha hipérbole falstaffiana da cría nerviosa e tendonuda que foi. Arestora procura acomodarse no alfeizar para asistir na fila Cero ao espectáculo da orballada mansa que lambe o ventanal. Nun andel que me queda a rentes dos ollos habita o meu pai. A fotografía é cativeira, está enchida de brancos luminosos e de sombras rectangulares; algunhas manchas do tempo que marchou apagaron anaquiños do papel. Estamos en xaneiro de 1959, pero o meu aita luce en mangas de camisa. Ten 30 anos, un penacho negro en ancho no centro da cabeza e unha barba recurtada á moda do musulmán aseado. Pasa un brazo sobre outro home con agarimo. Tilson Colin, identifica neses apuntamentos sen os que meu proxenitor non concebía a vida, precisaba de clasificar cada cousa e cada acontecer. Campamento de la Concesión 72, anotou en español, un idioma que non articulou en todo aquel ano máis que para escribir cartas (en castelán de negocios, inzado de parágrafos íntimos en euskara) á nai e aos irmáns. Estudara Físicas en Madrid e marchara buscar gas no deserto de Libia a nómina dunha compañía británica. Botaba meses vivindo nunha campus inglés, con corenta noregueses e suecos e unha lingua franca. A acampada era sobria, coas únicas inquedanzas da sequidade arenosa na gorxa e de espantar os ratos brancos que lles andaban gulusmeando nas latas de conservas.bengazhi Cada certo tempo, permitíanlles unha estadía dunha semana no oasis de Trípoli. Visitaban rick's cafés, con wishkey e señoronas divertíndoos a base de bater os cadrís na danza do ventre. "Por alí debía de andar Muammar Gaddafi, que tiña que ser sarxento; mesmo poida que compartise mesa con el", fantasiaba o meu aita, sempre presto a unha chanza.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité