Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 novembre 2011

HABITAMOS NÓRDICO

nineteenth-century-graffitiEu xa estivera en París, pero descubrín o espírito da cidade en Buenos Aires, que é coma unha réplica das covas de Altamira. A capital arxentina foi erixida por arquitectos franceses Atlántico por medio co Google Maps da altura: uns planos do solar. Ao longo de décadas habitamos francés, comemos francés, pintamos francés, bailamos francés, aprendéronos francés. O eixo da cultura viaxou cara ao norte, cunha paradela en Berlín. Agora habitamos nórdico, lemos nórdico, conducimos nórdico, vestimos nórdico, durmimos baixo fundas nórdicas,falamos a través de nórdicos e empezamos a comer nórdico. Vázquez Cereijo apuntoumo onte, cando lle requerín explicacións aos seus cadros grises e cheos de bosques nevados: "Eu sempre saio de Madrid cara ao norte. Estiven dúas veces en Andalucía, pero porque me deron senllos premios. Non penso volver".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité